Expertos en sensores ópticos
Solucións fotónicas a medida para monitorización en liña e en tempo real
A nosa misión é o deseño, fabricación e comercialización de sensores ópticos para a industria alimentaria.
Innovación
Calidade garantida
Altas expectativas
O noso produto
AONIR
Plataforma innovadora baseada en espectroscopia NIR, formada por sensores ópticos e unha plataforma IoT, cuxo obxectivo, unha vez instalada na propia liña de produción, será controlar todo o proceso produtivo en liña e en tempo real, desde a entrada da materia prima ata o produto final.
Este sistema proporciona o valor de múltiples parámetros ao mesmo tempo con medicións non destrutivas, permitindo un seguimento continuo da calidade da produción, e unha optimización continua do proceso mediante o envío dos datos finais ao PLC, SCADA ou a unha plataforma IoT.
Para acadar o máximo rendemento da plataforma, xunto co sensor ofrecemos un servizo de desenvolvemento e mantemento de modelos preditivos que serán realizados polos nosos técnicos especializados.
Con este sistema de control pódese aumentar a produtividade e, polo tanto, conseguir unha produción máis eficiente e sostible.
O noso equipo
Iker García, PhD.
CEO
Vanessa García
Administración, Marketing e Xestión de Proxectos
Luca Puddu
Investigador I+D
III EDICIÓN BFFOOD
PROGRAMA DE ACELERACIÓN: PROXECTO AONIR
Desenvolvemento do sistema AONIR, para a caracterización en liña e en tempo real, co obxectivo de conseguir unha produción de alimentos máis eficiente e sostible.
En 2021, fomos seleccionados para participar no programa de Aceleración de Business Factory Food. Neste vídeo, Iker García, CEO de AOTECH GALICIA, expón as conclusións do noso paso polo programa.
IV EDICIÓN BFFOOD
PROGRAMA DE CONSOLIDACIÓN: PROXECTO AONIR
Comercialización do sistema AONIR co obxectivo de ofrecer ás empresas da industria alimentaria unha solución que incremente a súa produtividade, para conseguir unha produción máis eficiente e sostible.